miércoles, octubre 13, 2010

CARTA ABERTA AO OBISPADO DE LUGO

Mª Isabel Ferreiro Rodríguez escribe en La Voz de Galicia una carta de apoyo a la continuidad del párroco de Vicinte y de Candai.

CARTA ABERTA AO OBISPADO DE LUGO

Fai unha década os veciños de Vicinte e Candai no concello de Outeiro de Rei tivemos a grande sorte de que o Obispado nos nombrara como párroco a Don José Manuel Castro Alba, un sacerdote xoven, con capacidade de liderazgo, con un agudo sentido da empatía, cunha capacidade excepcional de colaboración cos demais, unha persoa aberta e respetuosa e cun grande desexo de servir os seus fieis e sen ningún interese económico.

O exemplo de que é querido e valorado manifestámolo o día día 28 de setembro onde a Igrexa de Candai se facía pequena para albergar os seus feligreses que lle suplicabamos ao Vicario Pastoral Don Luis Manuel Rodríguez que na nova reestruturación de sacerdotes non nos leve ao noso párroco para atender 6 parroquias do concello do Páramo. Parécenos que a nova reestructuración non é axeitada, xa que o que pretenden facer é "desvestir un santo para vestir outro". Nos arredores destas dúas parroquias hai unha grande maioría de igrexas desatendidas e que poderían agregarselle a Don José Manuel, pero parece ser que quen manda non roga e o arroz está xa mariñado e os ingedintes para os traslados non se escolleron polos méritos nin pola capacidade, senón que foi pola antigüidade do cereal.

A hacha de guerra levantóuse entre os veciños de Vicinte-Candai e o Obispado de Lugo, os veciños propoñemos varias alternativas entre as que está que se mise cada 15 días alternativos nas dúas parroquias seguindo como párroco Don José Manuel, pero o Obispado parece que non está moito pola labor. É unha mágoa, xa que o que conseguiu Don José Manuel en 10 anos, o acercamento dos feligreses a igrexa, vaino destrozar o Obispado nun día, xa que os veciños se nos impoñen o que non queremos acabaremos por non ir a igrexa e cada un practicará a fé a súa maneira. Os veciños non descartamos movilizacións senon se accede as nosas demandas.

Por outra banda a falta de vocación sacerdotal da que nos falaba Don Luis Manuel teñena que resolver na Igrexia e motivar os xovenes a que accedan a única profesión que non ten paro. Pero para elo deberían en primeiro lugar anular o celibato nos curas, esto, é un hadincap, moi grande.

Con esta carta pretendo que o Obispo de Lugo tome en consideración o asunto, e que a falta de curas, téñena que resolver doutra maneira incluso traendo curas foráneos.

Fdo: Mª Isabel Ferreiro Rodríguez

No hay comentarios: